segunda-feira, 10 de novembro de 2008

NTO-PORTO EM SANTIAGO COMPOSTELA

SEGUINDO A ESCOLA DE AUGUSTO BOAL...COMPOSTELA ACOLLE UN OBRADOIRO DE TEATRO DO OPRIMIDO

O “Teatro do Oprimido” recala en Compostela grazas a un obradoiro que impartirán o coordinador do Núcleo de Teatro do Oprimido do Porto (NTO), Hugo Cruz e Fran Ameixeiras. Ámbolos dous teñen formación con Augusto Boal e Bárbara Santos entre outros. Serán os días 28, 29 e 30 de novembro.

O proxecto do “Teatro do Oprimido” pretende fortalecer a participación activa das persoas na construcción da cidadanía a través desta técnica teatral. Fomentando a transformación da sociedade a través do diálogo e da democratización da produción cultural. Este obradoiro de introdución ao TO é un dos primeiros que se programa en Galicia e a intención do mesmo é que as persoas e colectivos involucrados na transformación social coñezan o TO, ademais de poder ofrecelo como ferramenta de loita e que sexa empregado nos seus respectivos espazos: educación, hospitais, prisións, etc...

Horario
Venres noite: representación de Teatro Forum a cargo do NTOPorto coa peza “O que é que tu queres mais?” sobre a violencia doméstica.

Sábado: de 10.00 h a 14.00 h e de 15.30 a 19.30 h

Domingo: de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 17.30 h e a partires das 18.00 h rematarase coa escenificación das pezas que se crearán durante o curso, baseadas nas experiencias persoais dos e das participantes.

Prazas: 30

Para inscricións e máis información é de mester empregar o enderezo mrhullot@yahoo.es

Sem comentários: